¿A quen apoia Germán Castrillón?
Pide que se reforme
O PPdeG denuncia que a Lei de Costas é unha ''expropiación encuberta'' en Galicia.
Fontes da nova-Galiciae-Europapress-La Región- e moitos máis
"O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, anunciou este mércores que o seu grupo rexistrará na Cámara galega unha iniciativa na que reclama ao Goberno central a reforma da Lei de Costas de 1988 co fin de frear a ''expropiación encuberta de miles de casas'' en Galicia que, na súa opinión, provocará o deslinde do litoral impulsado polo Ministerio de Medio Ambiente.
Esta situación espertou a preocupación dos 'populares' que se negan a quedarse de brazos cruzados mentres centos de cidadáns, aos que Ruiz Rivas cualificou de "propietarios de boa fe", arríscanse a que o Estado inclúa as súas vivendas no dominio público marítimo terrestre, coa consecuente "perda" das mesmas"
E que razón ten. Por iso pedímoslle desde aquí que nos aclare (xa que Germán Castrillón non o fai nos Plenos do concello), cales son os plans que ten o alcalde de Cabanas en relación cos chiringuitos da praia, porque o compadreo coa demarcación de Costas é máis que evidente.(Por certo...¿Que hai dos pinos da praia?)
Onte, en Moaña a reunión de afectados de costas realizouse no concello, que brinda o apoio aos seus veciños...
¿A quien apoia Germán Castrillón?

