Comenza a campaña de desprestixio

14/9/2008

Como era de esperar comezou a campaña de desprestixio. á que xa faciamos referencia neste artígo.

El TSXG confirma la orden de demolición de un chiringuito de la playa de Cabanas...

Fonte: La Voz de Galicia

O que si é certo, é que a Demarcación de Costas de Galicia é quen envía o fallo á prensa e que a "noticia" ademais de ser falsa ou errónea deunos un susto de morte. Xa ás 10 da mañá chamounos a tvg. Ver vídeo.

Este, fortuíto ou non, é un sistema practicado en TODA ESPAÑA, para fomentar a opinión do cidadán en contra do prexudicado coma se tratásese dun especulador, un okupa, un aproveitado, que sei eu.

...cuando la sentencia a la que hace referencia el artículo de La Voz de Galicia no dice nada en absoluto de una demolición.

¿Por que a prensa (costas) non fala do Chalet de Fraga? Como se pode observar ten un muro pegado á area. ¿Que fai Costas con isto? ¿E a casa de veraneo de Zapatero?. ¿Cando nos falará Rafael Eimil Lapenela disto?. ¿Cando nos falará disto outro?. Isto por citar a algúns poucos en Galicia.

 


Fallo

En canto ao fallo do TSXG. Non queda máis remedio que pagar. Pero como en todos os xuízos celebrados en España neste sentido, Xamais gaña un prexudicado. ¿É raro non?. E digo isto tras consultar coa La Asociación de Afectados por la Ley de Costas.

O que si é certo que calquera cliente que nos coñeza sabe que esta sentenza non se axusta á realidade. Estes señores chaman "Obras" a poñer unha persiana de plástico nun toldo.

Logo di "Igualmente aumentouse a superficie, volume e altura sobre os autorizados." Xamais Costas autoriza obras a ninguén. Nin cambiar a caseta dos xeados de sitio(é un elemento móbil), algo que se fixo porque a zona onde se atopaba leváballa o vento no inverno.

Licencia de apertura

* "Rexeita tamén o TSXG que o mesón estivese legitimado polo título dunha Concesión. «En primeiro lugar porque non se demostrou nin mostrado devandito título -di o fallo- e parece confundirse cunha posible licenza municipal de apertura, que é algo ben diferente"
*cita

Abofé que é diferente, se non o local non estaría onde está, desde fai 70 Anos. Por iso existen licenzas de obras , alcantarillados e outros documentos que acrediten, polo menos, a legalidad fora do ámbito de Costas. Cando o meu pai adquiriu o negocio efectuou unha gran ampliación do local cos permisos do Concello e da autoridade marítima naquel entón.

* "en segundo lugar porque, aínda que existise, para a ocupación de espazo público do dominio marítmo terrestre maior do que propiamente correspóndese co restaurante sería necesaria a autorización de Costas, cuxa omisión deu lugar á imputación de infracción administrativa grave"

Mire Sr. Rafael Eimil Lapenela, cando isto pase, que non ha de tardar, xa falaremos do que é realmente grave, por que o modo no que vostedes están aplicando esta lei , probablemente acabe sendo un grave acontecemento político. Enlace1,Enlace2, Enlace3, Enlace4,...

Deslindes e Deslinde da Praia de Cabanas

É hora de falar de Xustiza e polo tanto tamén é hora de falar daquilo do que nunca fala a prensa de por aquí.

Aclarar que como eu non son técnico na materia e malia que vin o "libro gordo" do deslinde da Praia de Cabanas, non o teño my claro. Por iso e como é de dominio público voume facer as preguntas no alto, haber se alguén me pode botar unha man. Segue aquí

 

 

 

Firma aquí