¡Xa está ben de tanto abuso!

Precisamos a túa firma

 

Outra cacicada do Alcalde de Cabanas Germán Castrillón.



Fai menos dun ano, nun pleno do Concello de Cabanas, preguntóuselle ao alcalde o motivo polo que se negaba a cobrar o recibo anual dos negocios da praia de Cabanas que se atopan dentro da actual zona de servidume. Este contestou que se atopaba en trámites con Costas.

Aínda hoxe non sabemos que tipo de trámites son os que unen no silencio máis absoluto a ambas administracións. O que si supoñemos ante os acontecementos que ocorren nos últimos meses, que existe unha connivencia propia de estados déspotas e autoritarios ou doutras épocas tristes da historia.

O diálogo e a razón non teñen cabida para este señor que actúa con aqueles que non lle adoran dun modo sinistro e sospeitoso. Todo iso coa compracencia da administración de Costas que o único que pretende é botarnos da praia sen pagar un peso e de modo solapado. Non hai que esquecer, que os chiringuitos de cabanas únicamente pódense derribar se se atopan en estado ruinoso ou sofren unha desgraza como os incendios ocorridos últimamente, que no caso máis lamentable terminaron por destruír por completo "O Lar de Antón".

O outro modo é pagando e precisamente disto é do que o Sr. Emil non quere falar. Nin a máis triste referencia ao diálogo obtivemos XAMAIS da demarcación de Costas nin de ningún dos seus representantes. Nós fomos en grupo a falar con eles, pagando un dineral a avogados (algún deles desaparecido e con parte dos nosos documentos). O único que recibimos son unha chea de mentiras e a claridade de que o pinar é un negocio de futuro para caciques.

A última fechoría desta "compinchada" é o colmo do patetismo do Sr. Castrillón e da impunidad que algúns gobernantes teñen para facer neste país o que lles place.

Desde fai moitos anos que os propietarios dos "chiringuitos" temos a chave do candado do acceso ao pinar. Este acceso é o que permite aos propietarios e distribuidores achegar os seus vehículos aos locais con fins de carga e descarga de mercancías.

Pois desde agora xa non é posible entrar a deixar a mercancía porque este representante do pobo pechou o acceso e prohibido a todo o mundo a entrada con vehículos co consiguiente problema para os que pretendemos dar para comer ás nosas familias.

Moitos dos distribuidores néganse a "carretar" as mercancías pesadas centos de metros co lóxico prexuízo para o funcionamento dos negocios.

Ante a impotencia que nos xera a imposibilidade de tratar con este inconsciente da razón, decidimos solicitar a axuda aos veciños e visitantes mediante a recolleita de firmas, co obxectivo de revertir esta situación por unha banda, e por outro de difundir a inxustiza moral e legal para conseguir o "empuxón democrático" que nos permita recibir o trato xusto do que tanto falan os políticos cando se refiren ao tan farto soado "Estado de Dereito".

Firma aquí