Deslinde efectuado por Costas da Praia de Cabanas
Mapa de Costas
...anterior: O TSXG confirma a orde de demolición dun chiringuito da praia de Cabanas
coloquei máis abaixo o mapa orixinal de Costas para comprobación e aquí o de google que se ve máis clarito.
Ben, a cousa é moi simple e está moi clara: A Liña azul é a liña do deslinde do D.P.M.T.
Os Chalets ou casas e o Club Náutico atópanse fóra do área afectada segundo a liña e os chiringuitos, dentro.
¿Alguén sería tan amable de explicarme a lóxica deste deslinde?
¿E destoutros?
Ver mapa máis grande
O mapa é unha copia orixinal facilitada por Costas no mandato do Sr. Babío.
Falta a metade da praia, pero alí xa todo é afectado polo deslinde, en canto á praia refírese.
Para ampliar, pulsar no mapa. (Inclúe lenda)


