Acoso e Derribo
A data de 3/7/2008 a varios propietarios fóronlles embargardas todas as súas contas a petición da Demarcación de Costas.
Sen previo aviso, e únicamente mediante a publicación no B.O.E. Costas decidiu proceder ao embargo das contas dalgúns propietarios dos chiringuitos da Magdalena.
O motivo en si da multa nalgúns casos é máis que reprobable, e o modo de proceder é descabellado pois a administración actúa de oficio únicamente nun sentido e sempre en prexuízo dos propietarios. Cando se trata de informar ou dar resposta ás lóxicas inquietudes sobre o futuro das nosas familias o hermetismo é absoluto. A partir de aquí surxen as queixas e cando estas adquiren algo de relevancia é, nese momento, cando se utilizan os medios para ofrecer unha quimera amparada na natural recuperación do litoral, argumento loable se non fose por que o proceder para levar a cabo o obxectivo esta viciado de xeito esaxerado.
Por se fose pouco a esta noticia hai que engadirlle a frialdad coa que o alcalde Germán Castrillón comunicou no día de onte a un dos propietarios que "é o último verán que estamos na praia. Que se van a construír tres negocios preto do paseo e que se van a subastar coa vantaxe para os propitarios actuais duns puntos...". Cando se lle preguntou pola indemnización contestou "Non ides cobrar un peso".
O dos puntos xa o escoitamos en varias das reunións que mantivemos con Costas, a petición nosa, por suposto. Reunións nas que se entregou por dúas ocasións, primeiro con Babío e despois con Rafael Eimil Lapenela, un informe económico para a valoración dos locais de face á indemnización. ¿Que indemnización?.
Insisto, TODO DE PALABRA, nos han hecho gastar dinero en informes, en multas extravagantes, juicios y abogados, han tratado de dividirnos, han aplicado la ley donde y con quien han querido, han practicado un deslinde surrealista y vergonzoso en donde los chalets son legales a 60 metros del mar, pero JAMÁS se han dignado a dirigirse por escrito para tratar con justicia a los concesionarios. El equilibrio entre la ley y la justicia no existe, pero la balanza se inclina ya de un modo irreverente.
Insisto, TODO DE PALABRA, fixéronnos gastar diñeiro en informes, en multas extravagantes, xuízos e avogados, trataron de dividirnos, aplicaron a lei onde e con quen quixeron, practicaron un deslinde surrealista e vergonzoso onde os chalets son legais a 60 metros do mar, pero XAMAIS se dignaron a dirixirse por escrito para tratar con xustiza aos concesionarios. O equilibrio entre a lei e a xustiza non existe, pero a balanza inclínase xa dun modo irreverente.

