Costas investirá 464.000 euros en rexenerar e ordenar o pinar
El Diario de Ferrol

A primeira reacción.

Máis mentiras

 

Era de esperar. Todos os anos por estas datas, dende que Rafael Eimil Lapenela é o Xefe da Demarcación de Costas de Galicia, aparecen nos medios este tipo de noticias, que falan de obras que nunca chegan ao seu cometido, ou chegan tarde e mal.

Hoxe 25/6/2008, non sei se pola posible a repercusión da "noticia" nesta web ou por casualidade , publican este artigo que non ten desperdicio, no que culpan en parte á administración e en parte "Aos USUARIOS" do estado actual do chan do pinar. ¡É o colmo!. ¿esperaron 20 anos para dicir isto?. Creo que coa vixilancia da que fai gala o Sr. Rafael Eimil Lapenela na prensa ben se poderían decatar disto fai anos. A verdade, Sr Rafael Eimil Lapenela, é que todos os orzamentos fóronse en paseos marítimos e non na verdadeira conservación da natureza.

Na foto saen Germán Castrillón, Rafael Eimil Lapenela e nada menos que Carlos Gil,, Enxeñeiro Xefe da Demarcación de Costas para Galicia, que resiste a todos os cambios políticos.

Campaña de desprestixio

A prensa é o arma perfecta para suavizar o impacto negativo das iniciativas populares que se crean en contra da arbitrariedad e o abuso.

¿Que ocorre cando o problema escápaselles das mans?. Entón comeza a campaña de desprestixio. Ponse en marcha a maquinaria do poder que protexe as desigualdades dunha democracia consolidada para o beneficio de ricos e amigos, aplicando a Lei só aos máis desfavorecidos. Que nadie piense que divago. Aquí poden ver un exemplo incrible do que estou escribindo. O único avogado que tivo valor de facer fronte ao Estado, José Ortega, denunciou ao goberno de España ante Parlamento Europeo e a cambio recibe un descrédito desmedido mediante rumoroloxía, conspiración de funcionarios, radio, periódico, buzoneo, notas de prensa...Incrible.

A Realidade

A peligrosidade dalgúns piñeiros é manifesta. En tanto non se solucione este grave problema e con caracter de urxencia o risco dun accidente permanecerá latente. Haber quen sae na prensa se ocorre algunha desgraza.

Firma aquí