O 061 non pode acceder ao pinar coa ambulancia e ten que atender a un lesionado no Restaurante Mesón O´Cabazo

22-6-2008

Casualmente e tras solicitar a colaboración nesta web e por outros medios, no día de onte produciuse un incidente que pon de manifesto a incapacidade dos nosos gobernantes de ofrecer solucións sensatas á poboación que representan, obstaculizando ata a execución de servizos básicos como é a asistencia médica.

Onte, un ferido na praia de cabanas precisou asistencia médica que foi requerida ao 061.

foto ambulanciaAnte a imposibilidade de acceder ao pinar, a ambulancia tivo que permanecer lonxe do lugar dos feitos.

Aínda que as lesións do mozo non eran de gravidade e non foi necesario o traslado, as imaxes poñen de manifesto o que é unha constante nesta praia.

¡A asistencia efectuouse na terraza do noso local!

Sentímonos orgullosos de poder colaborar en todo tipo de incidencias, por que ese é o noso talante.

061

 

Pero as nosas instalacións non só ofrece servizos a clientes. Os chiringuitos da praia de Cabanas son entre outras cousas os urinarios públicos dunha praia que figura na  web do ministerio de medio ambiente con todo tipo de servizos.Todos sabemos que só existen dúas duchas, dous urinarios e a caseta da cruz que non completa a tempada estival, e isto desde fai poucos anos. Antes non había nada.

 

 

Firma aquí