A demarcación de Costas fai caso omiso a un aviso sobre o perigo que xera aos usuarios o estado do pinar da praia de Cabanas.
O concello tala piñeiros que supoñen un perigo para a leira dun particular
22-6-2008
A pescadilla que se morde a cola. En maio do 2007 advertimos por escrito á Demarcación de Costas do perigo que supoñía a caída constante de ramas e árbores (un piñeiro enteiro enfronte ao malogrado "Lar de Antón") e a resposta destes é que segundo a Lei de Costas é o Concello o encargado da manunteción do Pinar.
Inmediatamente procedemos a notificar ao actual goberno municipal de tal circunstancia adxuntando o escrito da Demarcación de Costas. Como é costume, non obtivemos resposta respecto diso e o estado do pinar actualmente segue supoñendo un serio perigo para os usuarios. Tamén enviamos escrito á prensa e ningún xornal advertiu do perigo.
Na Opinión da Coruña de data 21-Xullo-2007 nun artigo titulado "Costas mellorará o `parking´ da praia da Magdalena" pódese ler no último párrafo: "Os representantes dos grupos políticos municipais tamén solicitaron entón a Rafael Eimil Lapenela unha actuación no pinar da Magdalena. O bosque de coníferas presenta grandes claros e conta con varias árbores mortas e envellecidas, segundo denunciaron dende o Concello."
Pero aínda hai algo máis sangrante que pon en evidencia a existencia de cidadáns de primeira fila, segunda ou que sei eu. Precisamente en marzo do 2007 saíse a seguinte noticia publicada en "A Voz de Galicia":
"O BNG de Cabanas pedirá explicacións ao alcalde, José Rei, pola tala efectuada entre o luns e o martes no pinar da praia por persoal do Concello. O portavoz do grupo, Xosé Manuel Pérez Sardiña, contabilizou onte polo menos unha veintena de piñeiros cortados en distintos puntos do bosque.
Rei informou onte a este diario de que soamente talaran un par de exemplares porque representaban un perigo para unha leira particular, cuxo propietario chamara a atención do Concello.
O rexidor asegurou que contaban co permiso da Demarcación de Costas para realizar a curta selectiva de piñeiros e que ata se realizou un estudo previo antes de emprender a tala.
O portavoz do BNG solicitará información sobre a iniciativa do Concello."
Incrible, pero certo.Por suposto, este propietario non era un dos chiringuitos.

