A realidade da Lei de Costas:
Os municipios costeiros proxectaron 3 millóns de casas nos últimos 12 meses, 800.000 deles en Galicia.

Greenpeace denuncia que os concellos do litoral planean tres millóns de vivendas


Tamén se destaca de que se van a ampliar 17 portos deportivos para dar cabida a 6.278 amarres, cos graves problemas de contaminación costera que conleva

89 casos de corrupción urbanística investigados e 354 implicados (alcaldes, concelleiros, constructores, testaferros...) ata o momento.

Greenpeace vén denunciando reiteradamente os incumplimientos da Lei de Costas, así como denunciando as modificacións desta lei.

Informe sobre a situación dol litoral español. Xunio 2007. Descargar PDF

 

Non é demagoxia. Se a teoría da Lei de Costas estivese aplicada na práctica non estariamos falando disto nin dos chiringuitos que, no caso da praia de Cabanas, están aí legalmente moito antes da Lei de Costas e antes do actual deslinde aprobado no ano 2000.

A propia Lei fala das actuacións en casos como o noso que son, concedendo unha prórroga ou pagando. Ambas solucións van en contra os intereses do Estado. É unha contradición, pero é así. En canto non se soluciona isto, porque a Lei non fala de datas, estamos obrigados a pedir permisos ata para cambiar as mesas de ubicación. Permisos que nunca se conceden e sempre coa mesma resposta..

Mentres tantos algúns políticos e especuladores campan ás súas anchas. Quixera saber, ademais dos dous ou tres xa coñecidos, cantos deles acaban cos ósos no cárcere. O máis probable é que acabe alí o que escribe isto.

Recibimos multas inmorales como esta por pintar a pesar do permiso municipal, sendo ademais o Concello o arrendador:O TSXG ratifica unha multa de Costas ao dono dun chiringuito da praia a pesar do permiso municipal. ¿Por qué no multaron ao Concello?...Avisos de desaloxo constantes e de devolución do terreo a o seu estado natural primitivo ¿?. O Cabazo, antes casa Ardá, xa estaba aquí no ano 1940, cando o pinar era de propiedade particular. Multas por todas as partes. Inspeccións constantes dos vixiantes para comprobar se quebrantamos algunha norma cando reparamos o tellado pola caida de ramas dos pinos secos que poñen en risco tamén aos usuarios. Os desaires e menosprecios da anterior alcaldesa (ela sí foi denunciada por prevaricación) e agora o desconcerto absoluto propiciado polo actual alcalde. ¿Pero acaso somos delincuentes?.

Preguntamonos que debemos interpretar ante a alarmante desigualdade na aplicación/execución da Lei de Costas e da actuación dalgúns políticos locales neste país..

 

Firma aquí